Casa Paumasa

(2019) Obra Nova

Como sempre, unha vez máis, a orientación manda. Os propietarios querían unha vivenda moderna, o que é sinónimo de luz e comodidade sen esquecerse do necesario aforro enerxético. A vivenda sitúase o máis pegada posible á orientación norte da parcela para aproveitar ao máximo os metros cadrados de superficie na súa zona sur. Polo mesmo motivo decídese que sexa unha vivenda de dúas plantas e non só una de planta baixa que sería preferible por temas de accesibilidade. Un longo soportal permite protexerse do sol nos meses de calor para manter fresca a vivenda no verán. No inverno, ese mesmo soportal permite aos raios solares acceder ao interior da casa o que significa un gran aforro económico en calefacción. Os seus cerramentos en termoarxila de 24 e sistema tras- ventilado garanten unhas condicións interiores de alto confort térmico debido á súa alta inercia térmica e altas prestacións de estanqueidade e salubridade.

pregúntanos