O cliente pediunos nesta ocasión unha reforma integral con proxecto completo de interiorismo. Trátase dun ático con terraza nun edificio antigo do ano 1923. Para a reforma tiráronse todos os tabiques da casa e fixéronse novos, variando absolutamente o aspecto da vivenda. Cambiáronse as catro habitacións de tamaño insuficiente por dous espazos principais, a zona de día, isto é, cociña e salón nun mesmo espazo e a zona de noite coa habitación principal. Ademais da reforma da vivenda realizamos un proxecto de interiorismo integral que abarcou desde o deseño de mobiliario, con mobles a medida, ata a selección de pezas máis pequenas e decoración da casa. Este pequeno proxecto ilustra o enriquecedor que resultan as reformas de vivendas, aproveitando aqueles elementos antigos da casa e combinándoos con outros novos dando lugar a espazos con moito encanto e personalidade.