Casa Bel

(2018) Obra Nova – En Proxecto

Casa Bel nace coa intención de demostrar que unha casa prefabricada non é a mellor das opcións para habitar. Despois de barallar a posibilidade de construír unha casa modular, a propiedade decide construír unha vivenda que poida deseñar con total liberdade e axustada exactamente ás súas necesidades individuais. En Mun cremos que as casas modulares ou prefabricadas carecen precisamente diso, da posibilidade de facela única e exclusivamente para Ti, afinando o seu deseño, configuración e volume adaptado aos teus hábitos e costumes tanto como Ti queiras. Defendemos que se pode construír unha vivenda económica sen ter que recorrer ás vivendas de baixo orzamento ó prefabricadas sempre que asumas certas limitacións como os metros cadrados de vivenda construída ou uns acabados sinxelos aínda que entendemos que moi dignos igualmente. Por suposto, como sempre, quen manda é o sol e as comunicacións, a orientación e as circulacións xa sexan interiores da vivenda ou exteriores na parcela. Casa Bel é unha vivenda axustada en metros pero non carece de ningunha comodidade. Proxéctase un cerramento de altas prestacións térmicas que posibilite aforrar a enerxía necesaria. As súas dependencias principais están orientadas a Sur pero cun soportal que permite recoller os raios solares exclusivamente nos meses máis fríos.

pregúntanos