Casa Daniana

(2006) Obra Nova

Esta casa de pedra branca está moi condicionada pola topografía. As diferentes habitacións da vivenda vanse situando ao longo da parcela a diferente cota descendendo cara ao salón e cociña. Óptase por unha combinación de formigón visto pintado e pedra branca. A pesar da colocación da pedra dun modo tradicional, tanto a maneira de vivir que a arquitectura suxire, como o deseño arquitectónico, corresponden ao dunha vivenda moderna. Ten notable interese a súa escaleira central e o seu deseño.

pregúntanos