Casa Silgo

(2020) Obra Nova – En Proxecto

Os propietarios de Casa Silgo pensaron na posibilidade de realizar a súa vivenda con contedores. A priori, parece unha moi boa opción xa que a posibilidade de colocar as pezas prefabricadas directamente sobre a parcela, como mínimo, reducen considerablemente os tempos de construción. En realidade, as vivendas prefabricadas ou modulares, deberían aforrar os prazos de execución. Ademais deberían reducir tamén o prezo de construción como de feito así o fan. E ata aquí para nós as vantaxes porque non lle vemos máis, a partir de aquí todo son inconvenientes e non nos parece que saia favorable na balanza. A rixidez dos módulos non permite deseñar a vivenda como un desexa. Cada parcela e cada individuo ten unhas necesidades únicas por iso as vivendas de baixo orzamento non serven para resolver con total liberdade os programas únicos e persoais que unha vivenda debería reunir. Se o que buscas é unha vivenda económica, en Mun, cremos que non debes renunciar a construír a casa que Ti queres. Basta con pensar como axustar a superficie estritamente necesaria de vivenda ou quizais unha futura ampliación se non o tes do todo claro. Basta con asumir unha paleta de materiais económicos pero non por iso carentes de calidade e sobradamente expresivos. Sabemos como facelo. Polo resto o deseño sae como sempre pensando en termos como: Verán, Inverno, Orientación, Comunicacións, Intimidade, Enerxía, Aforro, Economía e como queres Habitar a túa vivenda por suposto.

pregúntanos