Casa Siltin

(2017) Reforma e ampliación - En Proxecto

Para a reforma desta vivenda prestamos especial atención aos muros orixinais de mampostería. Todo o interior está en estado ruinoso e non se pode utilizar pero eses cerramentos orixinais exteriores desde logo que si e son o punto de partida para este proxecto e parte do seu gran atractivo. Partindo do trazado dos mesmos dispoñemos dun novo e moderno programa de necesidades. Obviamente o volume final desta obra de remodelación non se parece ao volume orixinal aínda que tampouco era necesario esta vez. O volume orixinal ten parte de engadidos de ladrillo que non merecen ser conservados así que non ten sentido manter nin o volume actual nin todo o seu cerramento. O resultado desta reforma integral e ampliación de vivenda é unha combinación das partes máis interesantes para a conservación da casa orixinal xunto á utilización duns materiais modernos e sistemas construtivos adaptados ao presente.

pregúntanos