Casa Sojo é o proxecto de reforma integral dunha vivenda de pedra situada en Covelo. Á vivenda existente engádeselle unha planta, realízase unha reforma integral interior e mellóranse todos os seus cerramentos. Coa obra de rehabilitación conséguense uns espazos interiores máis modernos e actuais e unha calidade construtiva maior en todo o edificio axudando a un maior confort e eficiencia enerxética.